domingo, 30 de diciembre de 2007
A proverbial amabilidade dos galegos
Os galegos presumimos de ser un pobo xeneroso e acolledor cos visitantes. Pode que sexa certo. Pero non no que atingue á hostalería. Neste país noso cando entras nun bar tes tes que pedir de xionllos que che sirvan. Mirante como se lles foras roubar a intimidade ou o seu conceto de cómo pasar o tempo. Xa non digamos se lles preguntas antes ca nada polos servicios ou lles pides o xornal. ¿Para que o poñen a disposición do cliente daquela? E cando vas pagar tamén tes moitas dificultades para que che fagan caso.
En Madrid, ainda non empeza un a entrar pola porta e xa lle están a preguntar que vai a tomar. Eu coido que se trata dunha cuestión de profesionalidade. Neste pais noso o de montar un bar era a opción de autoemprego para moitas familias de retornados da emigración ou de persoas que abandonan o campo para probar fortuna na cidade. E craro, ninguén lles aprendeu como tratar á clientela. Sempre recordo a Miro Pereira en “Pratos Combinados” cando lle piden un café: “¡un café, un café! ¡nin que esto fora un bar!. Para Miro, como para moitos galegos, o seu bar é, primeiro que nada, a súa casa, e os clientes son intrusos ainda que con permiso para entrar.
As escolas de hostalería veñen solucionando o tema da falta de profesionalidade entre os nosos restauradores. Mais o tema ten difícil solución no caso dos miles e miles de pequenos negocios familiares que non saben nin queren saber nada de marketin, relacións co cliente e outras falcatruadas. A cousa complícase cando o carácter do mesoneiro e borroso. Para mostra, esta conversa real que mantiven o outro día en Viveiro:
Eu: – … e podería decirme por donde queda a Porta da Vila
Mesoneiro: –¿vostede coñece a Farmacia de Fulanita?
Eu: – non
Mesoneiro: – pois enfrente.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Ser amables somos y seremos, pero me descoloca esta entrada en el blog ¿¿no era de pádel??
brujilda
es que sino contestamos con otra pregunta, no estamos tranquilos...pero podemos ir mejorando...hacer 2 preguntas en lugar de una...jajaajja...feliz año a tod@s
Who knows where to download XRumer 5.0 Palladium?
Help, please. All recommend this program to effectively advertise on the Internet, this is the best program!
Publicar un comentario